quinta-feira, 21 de fevereiro de 2008

Coñecemos a un novo amigo, Moray

O outro martes a profe Teresa dixo que non habíamos de subir á biblio porque o equipo de biblioteca do cole estaba preparando para nós unha sorpresa pero que aínda non estaba rematada. A nosa profe non nos quixo decir nada, tan só que era algo que tiña que ver cos seres máxicos que viven nos bosques.
Por fin este martes descubrimos de que se trataba. Na porta da biblioteca había un extraño ser que parecía unha estatua porque non se movía para nada. A profe Marian contounos que se trataba de Moray, un ser que vivía nun bosque moi lonxe de aquí e que un día lle meteu un bó susto cando ela andaba de compras por Ribeira. Resulta que Moray andaba a buscar polo cole de Aguiño porque lle dixeran que alí vivía a rata Honorata e xusto foi dar con Marian, que era profe nese cole. Moray contoulle a Marian historia da súa vida e de como tivera que loitar contra o dragón amarelo para salvar a unha fada . Foi entón cando Marian lle propuxo quedar con nós na biblioteca e para que non extrañara tanto o seu bosque, entre todos os nen@s do cole inventamos un bosque para el, coas súas árbores cheíñas de follas. ¡Mirade que chulo quedou!












os golfiños coas novas tecnoloxías

Como xa sabedes os golfiños non queremos perdernos neste mar de TICs (tecnoloxías de información e comunicación) no que nadamos na actualidade. Por iso, usamos o ordenador da clase para obter información en internet sobre algún tema, para aprender xogando cos recursos en CD, para ver o noso blog,... Pero o outro día a profe Teresa dixo que habíamos de quedar pasmados cando viramos a "pizarra máxica". En realidade trátabase da PDI (pizarra dixital interactiva) na que podemos utilizar os xogos en CD e entrar en internet sen ter que usar o rato, escribir en cores con rotuladores que non pintan, borrar coa man sen lixarnos,....Todo o facían os nosos dedos, era como se nas mans tiveramos maxía e por iso lle chamamos a "pizarra máxica". Mirade que ben o facemos










quinta-feira, 14 de fevereiro de 2008

Feliz aniversario Aldara

Hola, son Aldara e como podedes ver hoxe é o meu aniversario. Xa teño 4 anos e por iso son a máis grande dos golfiñ@s de Aguiño. Entre todos os nenos e nenas me fixeron unha coroa moi chula para levar para a casa e a profe Teresa doume unha tarxeta de recordo cunha foto miña soprando as velas. Despois empezamos a comer no biscoito que fixo a tía Lola e estaba tan bo que non quedou nadiña.
Dice a profe Teresa que, como hoxe é o día de San Valentín vaime poñer as fotos con moitos corazóns e rosas. ¿vémolo?

terça-feira, 12 de fevereiro de 2008

os golfiños toman almorzos saudables

Como xa sabedes, os golfiños a media mañá tomamos unha pequena cantidade de comida para recobrar forzas e chegar ó xantar sen ter un "furadiño" no estómago. Cada día da semana tomamos un alimento distinto para ter unha dieta sana e variada na que , por suposto, evitamos a bollería industrial, as bebidas con gas, as "chuches",... Ademáis de comer san, aproveitamos este momento para ampliar o noso vocabulario con nomes de froitas, embutidos, lácteos, froitos secos,... Este é o noso calendario de almorzos saudables , que tamén toman o resto dos nen@s de E. Infantil. ¿queredes ver como os xoves comemos froita? Pois dádelle o "play"

sexta-feira, 8 de fevereiro de 2008

obradoiro de meigallos

O outro día no cole ocorreu algo máxico , se ben é certo que o espíritu dos meigallos levaba uns días con nós.
O feito é que os equipos de biblioteca e normalización lingüística do cole convidaron a alumnos e mestres a realizar un obradoiro de meigallos no que debían buscar os ingredientes e facer conxuros para solucionar algún problema, para convertir unhas cousas en outras,...
Así, nós na aula fixemos conxuros para que as arañas non picaran e só fixeran cóxegas, para que os dinosaurios non coman a ninguén, para que os nenos non se porten mal,... e debuxamos dentro dunha pota os ingredientes: letras, paus, pedras, chuches,...
Despois as profes de Infantil vestíronse de meigas, colleron unha pota grandísima de cando había comedor no cole e fixeron unha "fogueira" no patio. Cada un de nós tivemos que botar un "ingrediente" na pota e recitar o noso conxuro e claro, non desaproveitamos a ocasión para pedir que a profe Teresa se convertira en araña, que a profe Uxía se transformara en can,...
Cando nós acabamos, empezou o turno das profes. Cada vez que elas decían un meigallo nós tiñamos que repetir o conxuro:

¡¡¡¡¡MEU DITO , MEU FEITO!!!!

Estes foron algúns dos seus meigallos:

que os nen@s non xoguen sós
que compartamos todas as cousas con todos
que chovan caramelos
que non berremos na aula
que respectemos o material da aula
que non pelexemos
......................

Ó acabar, remexeron ben o que había na pota e houbo unha explosión de confetti e compartimos galletas e caramelos.

Aí van as fotos deste día "máxico" coa profe Uxía de "mestra de cerimonias"











Agora só hai que esperar e ver se os nosos meigallos se realizan.

P.D. Dice a profe Teresa que si o que pedimos para ela non se cumple, que non lle parece mal, que ela xa entende que ás veces non se pode ter todo o que se desexa.

quinta-feira, 7 de fevereiro de 2008

Pasarrúas de Entroido

Como tódolos anos, chegado o tempo do Entroido, no colexio de Aguiño facemos un pasarrúas polo pobo para lucir os nosos disfraces. Este ano o tema elexido era "seres máxicos" e por iso Aguiño encheuse de gnomos, trasnos, fadas, bruxas, demos, ents,...Cada ciclo preparara con moito cariño o seu traxe e aínda que o ceo non ofrecía moita confianza, ó final puidemos saír.


Como nós somos os máis novos do cole, tivemos a honra de ser os que encabezabamos o desfile , que amenizou coma sempre coa súa música "A compañía do Ruido". O acabar o percorrido e para recobrar forzas, demos boa conta das orellas, filloas, rosquillas,... que trouxeramos das nosas casas e das bebidas coas que nos convidou o ANPA.






¡¡¡PASÁMOLO DE MEDO!!!!!!




Aí van as únicas fotos que temos. A verdade é que non puidemos facer máis pois falta nos fixo o tempo para vestirnos pois como non contabamos de sair pola amenaza de chuvia empezamos coas nosas rutinas de pasar lista, mirar o calendario,.. e cando dixeron de saír non dábamos feito.