quinta-feira, 7 de fevereiro de 2008

Pasarrúas de Entroido

Como tódolos anos, chegado o tempo do Entroido, no colexio de Aguiño facemos un pasarrúas polo pobo para lucir os nosos disfraces. Este ano o tema elexido era "seres máxicos" e por iso Aguiño encheuse de gnomos, trasnos, fadas, bruxas, demos, ents,...Cada ciclo preparara con moito cariño o seu traxe e aínda que o ceo non ofrecía moita confianza, ó final puidemos saír.


Como nós somos os máis novos do cole, tivemos a honra de ser os que encabezabamos o desfile , que amenizou coma sempre coa súa música "A compañía do Ruido". O acabar o percorrido e para recobrar forzas, demos boa conta das orellas, filloas, rosquillas,... que trouxeramos das nosas casas e das bebidas coas que nos convidou o ANPA.






¡¡¡PASÁMOLO DE MEDO!!!!!!




Aí van as únicas fotos que temos. A verdade é que non puidemos facer máis pois falta nos fixo o tempo para vestirnos pois como non contabamos de sair pola amenaza de chuvia empezamos coas nosas rutinas de pasar lista, mirar o calendario,.. e cando dixeron de saír non dábamos feito.




Nenhum comentário: