sexta-feira, 8 de fevereiro de 2008

obradoiro de meigallos

O outro día no cole ocorreu algo máxico , se ben é certo que o espíritu dos meigallos levaba uns días con nós.
O feito é que os equipos de biblioteca e normalización lingüística do cole convidaron a alumnos e mestres a realizar un obradoiro de meigallos no que debían buscar os ingredientes e facer conxuros para solucionar algún problema, para convertir unhas cousas en outras,...
Así, nós na aula fixemos conxuros para que as arañas non picaran e só fixeran cóxegas, para que os dinosaurios non coman a ninguén, para que os nenos non se porten mal,... e debuxamos dentro dunha pota os ingredientes: letras, paus, pedras, chuches,...
Despois as profes de Infantil vestíronse de meigas, colleron unha pota grandísima de cando había comedor no cole e fixeron unha "fogueira" no patio. Cada un de nós tivemos que botar un "ingrediente" na pota e recitar o noso conxuro e claro, non desaproveitamos a ocasión para pedir que a profe Teresa se convertira en araña, que a profe Uxía se transformara en can,...
Cando nós acabamos, empezou o turno das profes. Cada vez que elas decían un meigallo nós tiñamos que repetir o conxuro:

¡¡¡¡¡MEU DITO , MEU FEITO!!!!

Estes foron algúns dos seus meigallos:

que os nen@s non xoguen sós
que compartamos todas as cousas con todos
que chovan caramelos
que non berremos na aula
que respectemos o material da aula
que non pelexemos
......................

Ó acabar, remexeron ben o que había na pota e houbo unha explosión de confetti e compartimos galletas e caramelos.

Aí van as fotos deste día "máxico" coa profe Uxía de "mestra de cerimonias"











Agora só hai que esperar e ver se os nosos meigallos se realizan.

P.D. Dice a profe Teresa que si o que pedimos para ela non se cumple, que non lle parece mal, que ela xa entende que ás veces non se pode ter todo o que se desexa.

Nenhum comentário: