sexta-feira, 26 de março de 2010

Saída a Rianxo

Hoxe fomos de visita a Rianxo, alí puidemos visitar o Museo do Mar e a Aula Activa do Mar e vimos moitos dos aparellos que se usan para pescar, como se fai unha dorna,.. Gustounos moito a visita e iso que por culpa do vento non puidemos realizar a visita polo pobo que tiñamos prevista.
Bueno, supoñemos que esta será unha boa excusa para volver, non si?
Coma sempre, aí van as fotos

quarta-feira, 24 de março de 2010

Día da poesía

Chegou a primavera e con el o día da poesía!
Nos xa levabamos todo o mes de marzo a voltas coas rimas: fixemos rimas para os nosos nomes, para os meses do ano, para ir polas rúas de Aguiño... Para todas elas lle fixemos a súa ilustración e con todas xuntas fixemos un libriño que imos levar a ver nas nosas casas para que todos o podan disfrutar.
Ademais disto para celebrar o día da poesía buscamos en libros da biblioteca poesías que nos gustaran moito como as de Ana Mª Fernandez ou as de Xose Mª Blázquez, as fotocopiamos e as colgamos por todo o colexio. Como todos os nenos e nenas do cole se sumaron a esta actividade o noso cole enchéuse de poesía. Mirade que chulo!



Agora a profe Tere di que nestes días de vacacións de Semana Santa podemos buscar poesías que teñamos na casa ou que veñamos buscar coas nosas familias nas tardes de luns a xoves na biblioteca do cole e que as nosas familias nolas lean en calquer sitio: no parque, na cama, na cociña,...e facer fotos para poñer neste blog.
Animadesvos?
Se o facedes tendes que darllas á profe Tere nun lápiz de memoria ou mandarllas ao correo dos golfiñ@s . Esperamos as vosas fotos "poeticas".

quarta-feira, 17 de março de 2010

Aniversario de Carlota

Hoxe Carlota celebrou na aula o seu sexto aniversario. Como sempre agasallounos a todos e todas cun riquisimo biscoito que fixo con moito cariño a súa nai.
Parabéns compañeira!

sexta-feira, 5 de março de 2010

Saída ao parque periurbano de San Roque

Hoxe as nosas mestras leváronnos ata o parque periurbano de San Roque que, ainda que está moi preto de Aguiño, moitos/as de nós non o coñeciamos. Alí puidemos ver unha reproducción dun castro, do dolmen de Axeitos e do petroglifo da pedra das Cabras, e aprendemos como viviron, debuxaron e morreron os nosos antepasados.
Tamén visitamos o centro de interpretación e alí Sandra nos convidou a visitar dúas exposicións moi interesantes sobre a nosa comarca unha referida ao tempo actual (construccións típicas, flora, fauna,..) e outra dos tempos en que habitaban os castrexos e castrexas.
Por último, dende o mirador e mentres tomabamos o almorzo, as mestras nos dixeron que imaxináramos que ocorriría se a marea subira moito, moito, moito, moitísimo.
Ribeira quedaría asolagada!
Igual que lle ocorreu á cidade que se dí que está asolagada baixo a lagoa de Carregal!
Queredes ver as fotos? Aí van