terça-feira, 29 de janeiro de 2008

Chega o Entroido

Xa faltan poucos días para que chegue o Entroido e no cole estamos a darlle os últimos retoques ós nosos disfraces, que tan ben axudaron a facer as nosas mamás. Este ano o tema escollido no cole é "seres fantásticos" e cada ciclo ou nivel teñen o seu traxe case a punto. Os nen@s de E. Infantil imos ir de gnomos co noso gorriño puntiagudo, o noso vestidiño con cinto e as nosas botiñas. ¡Que ganas temos de que chegue ese día e ir por todo Aguiño no pasarrúas saudando ós nosos veciños e amigos! E despois a comer doces típicos: orellas, filloas, rosquillas,... Pero ata que chegue o día na aula estamos a facer carautas e antifaces.




¡ Mira a ver se eres quen de coñecernos!





3 comentários:

Anônimo disse...

GRACOIAS POR ENSEÑARNOS TODAS ESTAS FOTOS.ASI VEMOS A LOS NIÑOS,de dia al dia. besos desde vigo.

caracola disse...

que nenis e nenas máis guapos!!!
disfrutade do entroido!!

Anônimo disse...

queridos nenos e nenas quero que
o pasedes moi ben no entroido

moitisimos bicos para todos os
nenos do cole.
de parte de Noa