segunda-feira, 8 de setembro de 2008

Ola de novo golfiñ@s!

Ola golfiñ@s! Aquí estamos de novo despois de pasar as tan merecidas vacacións de verán. Seguro que o pasáchedes moi ben xogando nas praia coas vosas familias e amig@s pero agora ... xa toca volver ao cole. Teño moitas ganas de vervos a tod@s e de que me contedes que tal vos foi nestes meses, ¡ seguro que xa medrastes tanto que nin vos conozo!.
Agárdovos o xoves 11 ás 9 da mañá (deitadevos cedo o mércores que senón a ver quen vos levanta da cama). Bicos para tod@s.

Um comentário:

Raquel disse...

Ola golfiños!!!
As tartarugas de panxón deséxanvos un bo comezo de curso.Hoxe por estes lares o choros non foron moitos, espero que pola ría de Arosa pasase o mesmo.
Moitos bikiños.Raquel(AL)