sexta-feira, 7 de dezembro de 2007

PRIMEIROS CHAPOTEOS.

Costounos chegar pero xa estamos aquí, somos os pequenos golfiños que pasan as mañás no mar de plastilina e tizas de cores da aula de 3 anos A do Ceip de Aguiño.
Cando chegamos ó cole por primeira vez no mes de setembro pensabamos que aquel mar no que estabamos entrando ía afogarnos: iamos dun lado a outro sen rumbo, non eramos quen de evitar que as bágoas sairan dos nosos ollos cando mamá marchaba. Agora que xa estamos a piques de rematar o primeiro trimestre e revisamos todo o que pasou ó longo deste tempo vemos que xa non somos aqueles pequenos golfiños tímidos e inseguros que non eran quen de nadar lonxe da mamá, agora xa nadamos sós, xogamos, aprendemos, sentimos e vivimos novas aventuras que nos fan medrar cada día un pouquiño máis.

Um comentário:

Tolinha disse...

Benvidos golfiños!
Non vos preocupedes porque por estos mares de tizas de cores hai peixes grandes que vos van a axudar moito e pronto daredes uns brincos ben altos.

Bicos dende o outro lado da ría