terça-feira, 15 de setembro de 2009

Parabéns Sheila

Hoxe celebramos na aula o aniversario de Sheila. A verdade é que xa cumpriu anos durante as vacacións de verán pero non quería por iso de deixar de celebralo cos seus compañeiros e compañeiras. Sobra decir que o biscoito estaba riquísimo pero coa calor que ía a cobertura de chocolate derretíase nas nosas mans e nos deixaba algo pegañentos. Para outra vez vai ser mellor que non leve nada por enriba, total a nós xa nos gusta así sen nada.

Aí vai a foto na que Sheila sopra as velas do seu 5º aniversario. Parabéns!

Um comentário:

Anônimo disse...

Noraboa Sheila, xa estas feita unha moza. Agora acabaron as vacacións e toca ir a escola. Pásao ben con todol@s teus compañeir@s. Eu tamen queria un trozo dese biscoito que tiña moi boa pinta. Bo proveito a tod@s. Un bico. Papa.