sexta-feira, 27 de fevereiro de 2009

Ás veces as redes traen sorpresas....

Ás veces as redes traen sorpresas. O outro día estaba no barco o tío de Bea e pescando, no medio das redes, apareceron unhas estreliñas de mar. Sen dubidalo colléunas e púxoas en auga salgada e logo llas dou a Bea para que as trouxera para a escola porque sabía que andabamos a investigar sobre elas.
As familias tamén poden ser unha fonte de información e gracias a elas soubemos que o nome polo que se coñece en Aguiño a estes animais é "tallantes".
O primeiro que fixemos foi tocalas e a verdade é que algúns lle tiñamos un pouco de medo porque aprenderamos hai uns días que as estrelas botan o estómago pola boca para comer e como o medo é libre....



Tocando as estrelas tivemos moito coidado de non picarnos coas súas púas




Para ver mellor os pés ambulacrais cos que se poden desplazar, axúdamonos cunha lupa




Como bos investigadores e investigadoras quixemos saber canto pesa unha estrela de mar e por iso collemos a pesa e despois anotámo-lo peso nunha ficha-rexistro





Unha das estrelas tiña 5 brazos, que é o máis frecuente, ainda que nos xa vimos en internet que hai estrelas de ata 18 brazos



pero á outra estrela faltáballe un. Nos xa sabemos que as estrelas de mar lles crece o brazo de novo e que por iso ás veces os brazos son de diferente lonxitude. Tamén sabemos que ese brazo perdido pode convertirse nunha estrela completa. Limos nun libro que isto se chama "rexeneración"




Agora só falta levar de novo as estrelas para o mar porque a ninguén lle gusta que o saquen da súa casiña.

2 comentários:

Anônimo disse...

Hola golfiños!!! non sei si lle gustará moito os mariscadores de
Aguiño que as devolvades de novo o mar, pois os tallantes comenlle as ameixas.

Anônimo disse...

TAMEN COMEN CARAMUXOS,PATEIROS,PEIXIÑOS PEQUENOS,MEXILONS,OURIZOS ,RESUMINDO QUE OS TALLANTES SON UNS LAMBONS.UN BICO PARA LARA E NOA E SEICA PARA EVA TAMEN.UNHA ESTRELA DA PRAIA DO CASTRO.E OUTRO BIQUIÑO PARA TERE