terça-feira, 10 de fevereiro de 2009

Estou na lavadora

Hai uns días a profe Teresa pediunos que na nosa libreta de investigación copiaramos palabras e números da lavadora pero que tiveramos coidado non fora ser que quedaramos atrapados dentro dela. Nós botamonos a rir e entón nos contou que cando ela era coma nós (hai uns aniños de nada) vía pola tardes na TVG un programa para nenos e nenas que tiña unhas cancións moi chulas en galego e nunha delas contaban que había alguén vivindo dentro dunha lavadora.
Ese programa aínda o hai agora, é o XABARIN CLUB pero só polas mañás moi cedo e non o podemos ver porque desa hora nós aínda estamos a durmir.
Queremos que volva o XABARIN CLUB pola tarde!
Queremos ver debuxos animados en galego!
Queremos escoitar esas cancións chulas que nos canta a profe Tere!
Aí vai a que fala dun rapaz que estaba dentro da lavadora

2 comentários:

MARÍA disse...

Hola a todos os golfiños de Aguiño:
Quería apoiar a vosa idea de que volvan a poñer os debuxos do Xabarín club. Que clase de programación ten a televisión de hoxe que non hai programación infantil pola tarde. Todos/as nenos/as teñen dereito a unha infancia con uns vos debuxos.
Que vos vaia moi ben, e oxala poidese volver de prácticas o colexio de Aguiño.
Un saúdo para todos/as. María

Anônimo disse...

hola golfiños que andades pola rede , eu case son mais de espinete e don pimpon so teriamos que ensiarlle a falar en galego e veriades que ben o iamos pasar.un saudo de un percebe de sagres