segunda-feira, 16 de fevereiro de 2009

O "Felipe" di que o luns .....

Este ano, na semana previa ao Entroido, o "Felipe" di que temos que vir caracterizados dun xeito diferente. Así o luns temos que pintar dous peixiños na cara, o martes hai que poñer pinzas da roupa no chaquetón, o
mércores hai que poñer a roupa do revés e o xoves hai que traer un calcetín de cada cor por fora do pantalón.
Este luns a nosa aula parecía un mar con tanto peixe.... e como estabamos tan guapos e guapas aproveitamos para facer fotos uns aos outros,
¡ ata lle fixemos á profe Tere!

Mirade os peixiñ@s no medio das burbullas

2 comentários:

Anônimo disse...

arriiiiiiiiiba eses golfiños sodes os mellores ,que non se diga.Propoño que se faga un campeonato de facer filloas entre as mestras de infantil.Advirto que Tere estase practicando!!!!!! bicos dun percebe de sagres

GOLFIÑOS DE AGUIÑO disse...

ola percebiño de Sagres! A verdade é que as profes de E. Infantil estabamos pensando de facer unha degustación de doces de Entroido feitos polas familias do noso alumnado. Así que xa sabedes, dádelle lume á filloeira!