Como moitos e moitas de nós temos algún animal deses na nosa casa ou na casa dos nosos avós e avoas, está sendo unha investigación moi interesante pois nós mesmos somos quen de aportar información aos nosos compañeiros e compañeiras.
Isto é o que lle pasa á nosa profe Teresa pois a súa filla Noa ten como mascota un coello enano, por iso a profe non dubidou en pedirlle a Noa que llo deixara traer á nosa aula para que todos e todas puideramos observalo.
E así foi, a profe trouxonos a Luna que é un coello enano femia de cor marrón. Todos e todas puidemos collelo no colo, darlle de comer, acariñalo,... mirade que feitiña é
Um comentário:
hola golfiños xa vexo que o pasades ben co coello de Noa e moi bonitiño e deixaxe acariziar e moi manso e tranquilo a min gutariame moito ter un bikos veña chao.
Postar um comentário