terça-feira, 14 de abril de 2009

Parabéns Andrea

Despois de ver como cumplían 5 anos os seus compañeiros e compañeiras Eva, Aldara, Carlota e Manuel, por fin lle chegou o turno á nosa seguidora pola rede máis fiel pois non hai día que non nos visite cando menos unha vez e nos escriba algún comentario.
Hoxe Andrea celebraba no cole o seu aniversario e como sabe que somos moi larpeiros trouxo un biscoito enorme que, ainda que lle demos un bo repaso, non fomos quen de acabar con el. Non hai problema, mañá será outro día e de seguro que non queda nin unha faragulla.
Como sempre, fixemos unhas fotos para que nos quede un recordo deste día especial. Aí van:


2 comentários:

Anônimo disse...

BOA TARDE GOLFIÑOS ENCANTANME AS FOTOS ,ESTAMOS ENGANCHADOS O BLOGE NON HAI DIA QUE PASEMOS SIN ENTRAR,NORABOA.UN BICO DE ANDY E UN PERCEBE DE SAGRES

Anônimo disse...

FELICIDADEES ANDREA!!!
QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS E FESTÉLLAO POR TODO O ALTO COA TÚA FAMILIA.
UN BIQUIÑO DA PROFE SILVIA.