domingo, 14 de junho de 2009

Cando hai unha emerxencia no mar ....

Este ano estivemos a traballar sobre sereas, illas, especies mariñas,... e sempre viamos o mar en calma pero ás veces o mar é moi perigoso. Isto tamén o sabemos porque investigamos sobre o naufraxio do vapor "Santa Isabel" e a valentía das heroinas de Sálvora.
Se este suceso tivera ocorrido nos nosos días se cadra non morría tanta xente porque agora hai homes e mulleres que se adican a rescatar a aquelas persoas que estean en perigo no mar. Para falarnos deste traballo viu ao noso cole o pai de Iago (da clase de 4 anos B) que é rescatador nunha base que teñen en Viveiro (Lugo).
Contounos en que consistía o seu traballo e amosounos moitas das cousas que usa: bengalas, botes de fume, arneses, aletas,.... e tamén nos enseñou fotos do helicóptero no que se desprazan para facer os rescates no mar (Pesca 2). Aprendemos moitas das sinais que usan para indicarlle o piloto se o ten que subir, baixar ou parar e imitamos o ruido do helicoptero cando despega.
Gústanos moito cando alguén da nosa familia ven ao colexio para enseñarnos todo o que sabe do seu traballo. Esperamos que para o vindeiro curso teñamos moitas visitas como a de Rubén Lijó. Gracias!

Nenhum comentário: