quinta-feira, 15 de outubro de 2009

Que froita trouxemos hoxe?

Como todos os xoves, as froitas foron o grupo de alimentos que tomamos antes de saír ao patio a xogar.
A profe propuxonos que rexistraramos que froita traía cada un de nós pero dun xeito distinto ao que o viñamos facendo ata agora (en forma de listado). Tratábase de completar un cadro de dobre entrada no que estaban o nome das froitas que trouxemos e o nome de todos os nenos e nenas da aula, poñendo un gomet no cadro que correspondera.
A verdade é que ao principio a algún de nós se nos fixo algo complicado porque non eramos quen de seguir dereita a línea onde estaba o nome do neno/a , e así ás veces había alguén que parecía que tomara dúas froitas e outro/a parecía que non tomara ningunha. Pero ao pouco todos e todas fomos quen de facelo ben.








Despois contamos cantos gomets había en cada columna e así vimos que o plátano era a froita que máis se repetía (7 veces), seguido pola mandarina (4 veces), e resulta que hoxe ninguén trouxo mazá.




Pero o mellor estaba por chegar! Resulta que hoxe era o santo da profe Teresa e sorprendeunos cun postre feito con froita: empanada de mazá!
Agora sí que é certo o que decía a adiviña que aprendemos o outro día na clase:
Somos verdes e amarelas
tamén somos "coloradas"
é famosa a nosa tarta
e tamén podes comernos
sen que esteamos cociñadas.

Mirade que boa pinta tiña e como desfrutamos coméndoa.





Nenhum comentário: