terça-feira, 30 de junho de 2009

ola golfiñ@s!

Ola golfiñ@s! que tal estades? xa levades uns dias de vacacións e eu estou ainda estudiando en Santander para aprender moitas cousas que ensinarvos o próximo curso. Espero que pasedes un bo verán, que xoguedes moito, que vaiades á praia, ás festas de Aguiño,... e que nos vexamos en setembro.
Bo verán para todos e todas

sábado, 20 de junho de 2009

Aniversarios de Ainhoa (4 anos B) e Artai

Hoxe venres 19 de xuño é un día especial no noso colexio porque acaban as clases por este curso. O luns iremos buscar os boletíns onde se informa ás nosas familias dos progresos que fixemos ao longo deste curso. Que nervios! Mira que se levamos mala nota en plastilina! non cremos que ocorra isto pois traballamos moito durante todos estes meses.
E claro sendo o último día de clase o normal era que fixeramos unha pequena festa na aula, pero é que ademáis celebramos xuntos dous aniversarios cuns días de adianto: o de Ainhoa da clase da profe Uxía, e o do noso compañeiro Artai. As súas familias trouseron uns biscoitos riquísimos que quixemos compartir cos nosos veciños os nenos e nenas de 1º de primaria. Que ben lles soubo!
Despois de ter festexado estes aniversarios fomos ao ximnasio onde os nenos e nenas da clase de 4ºB da profe Manola representaron unha obra que leva por título "Salvar o mar" e que nos encantou.
De verdade que este foi un bó fin de curso


domingo, 14 de junho de 2009

Rumbo a Sálvora

Despois de ter que apraza-la nosa saida a Sálvora polo mal tempo, por fin chegou o día en que visitamos a illa da que tanto temos investigado nas últimas semanas.
Despois dunha viaxe de algo máis de 30 minutos en barco, chegamos á illa e alí puidemos visitar a aldea, ver o lavadoiro, a fonte de Santa Catalina, a vexetación da illa, os animais que alí viven,... e ata tomamos o almorzo na praia do almacén mirando para a Serea dos Mariño!
Foi unha experiencia que tardaremos moito en olvidar e que desexamos repetir algún día. Para que morrades de envexa, aí van algunhas das fotos que fixemos:

Cando hai unha emerxencia no mar ....

Este ano estivemos a traballar sobre sereas, illas, especies mariñas,... e sempre viamos o mar en calma pero ás veces o mar é moi perigoso. Isto tamén o sabemos porque investigamos sobre o naufraxio do vapor "Santa Isabel" e a valentía das heroinas de Sálvora.
Se este suceso tivera ocorrido nos nosos días se cadra non morría tanta xente porque agora hai homes e mulleres que se adican a rescatar a aquelas persoas que estean en perigo no mar. Para falarnos deste traballo viu ao noso cole o pai de Iago (da clase de 4 anos B) que é rescatador nunha base que teñen en Viveiro (Lugo).
Contounos en que consistía o seu traballo e amosounos moitas das cousas que usa: bengalas, botes de fume, arneses, aletas,.... e tamén nos enseñou fotos do helicóptero no que se desprazan para facer os rescates no mar (Pesca 2). Aprendemos moitas das sinais que usan para indicarlle o piloto se o ten que subir, baixar ou parar e imitamos o ruido do helicoptero cando despega.
Gústanos moito cando alguén da nosa familia ven ao colexio para enseñarnos todo o que sabe do seu traballo. Esperamos que para o vindeiro curso teñamos moitas visitas como a de Rubén Lijó. Gracias!

quarta-feira, 3 de junho de 2009

Roteiro por Aguiño

Como ben sabedes, levamos uns días investigando sobre as sereas e a illa de Sálvora e as mestras do noso cole propuxeron facer un roteiro por Aguiño dende o que se puidera ver a nosa illa.
Por iso este martes collemos as nosas mochilas e fomos en autobús ata o miradoiro de Couso, dende alí xa podíamos divisar a illa de Sálvora! ainda que non todo o ben que nos quixeramos por mor da néboa. Collemos o camiño que nos levou á pasarela de madeira e sen apartarnos del fomos dar ao río de Pinisqueira. Aquí as mestras nos contaron que cando as nosas avoas eran nenas tiñan que vir lavar a roupa porque non había lavadoras nas casas. Que traballos pasaban carrexando a roupa en tinas enriba das súas cabezas! Só de pensalo xa nos entrou unha debilidade no corpo que tivemos que solucionar comendo unhas galletas.
Despois de coller forzas, seguimos o roteiro ata chegar ás fabricas onde traballan algunhas das nosas nais, miramos as pedras que alí hai e que teñen formas e fomos xogar á praia de Area Basta.
Pasamolo de marabilla e aínda o imos pasar mellor o vindeiro día 10 de xuño no que iremos en barco... a Sálvora !