sábado, 1 de maio de 2010

Percorrendo Aguiño

Xa levamos uns días investigando sobre a localidade onde vivimos. Para cando rematemos este proxecto de traballo teremos localizado Aguiño nos mapas da península do Barbanza e saberemos que é unha máis das parroquias que conforman o concello de Ribeira. Ademáis nos planos situaremos as rúas onde están as nosas casas e tamén onde están os principais edificios de servizos: lonxa, correos, aula de música, casa da cultura, campo de fútbol, igrexa, centro de saúde,... Temos pensado investigar cales son os traballos que ocupan á meirande parte dos homes e mulleres de Aguiño e facerlles entrevistas para que nos conten cómo é o seu oficio. Tamén queremos saber sobre os monumentos de interese, praias, festas, tradicións, lendas, ... que teñen como protagonista Aguiño. Con toda a información que recollamos , se nos da tempo, queríamos facer unha pequena guía turística para que outros nenos e nenas que visitan o noso blogue podan saber un pouquiño máis de Aguiño e se animen a visitalo. A modo de pequeno anticipo aí van as fotos do percorrido que fixemos por Aguiño todos os nenos e nenas de E.Infantil:

Um comentário:

Anônimo disse...

UNHA MOI BOA IDEA. DADELLE CON BRIO QUE FALTA POUCO PARA O VERAN E AS VACACIÓNS, E NECESITAMOS GUIAS TURISTICAS PARA OS PESCA CHINCHOS