domingo, 16 de dezembro de 2007

a bola de papel de alumnio sigue medrando...

Sheila mira o que medrou a bola tras poñerlle o papel de envolver os bocatas de hoxe.

Polo Samaín, calaveiras vin...

Achégase o día 1 de novembro e imos celebrar por primeira vez o Samaín. Dice a profe Teresa que antiguamente os celtas utilizaban as caveiras dos seus inimigos para escorrentar ós mortos que querían vir ao mundo dos vivos no día adicado o deus Samaín. Para iso metían dentro da caveira un pequeno lume e as poñían nas entradas dos castros, no alto dos muros..Co paso do tempo deixaron de utilizar caveiras e tallaron cabazas e melóns e de aí nos ven a nós o costume de decorar as cabazas . As profes Silvia e Teresa tallaron para nós unhas cabazas para que vexamos todo o proceso : valeirado , debuxar ollos e boca , quitalos cun coitelo,...





Despois nós decoramos a cabaza con pintura amarela como se fora Lucho o dos Lunnis e ata lle puxemos os pelos de punta cuns palillos.Puxemos esta cabaza con todas as que trouxemos feitas das nosas casas para a exposición que se fixo o 31 de outubro no cole (está detrás de Eva e ó lado de Andrea)




Nos días anteriores á exposición, na clase aprendemos unha poesía que dice:



No colexio de Aguiño



imos facer unha exposición



na festa do Samaín



con cabazas e melóns.



Se queres pasar medo



non se che ocurra faltar



pois verás moitas cabazas



e ós máis pequenos berrar.





Tamén coloreamos cabazas con pincel e témpera, mírade que ben o fan Carlota, Andrea e Manuel:


a bola de papel de prata


No noso cole de Aguiño as profes dicen moitas veces que temos que comer de todo, sobre todo froitas e verduras, peixe , ...esas cousas que ás veces non nos gustan moito pero que son moi importantes para que o noso corpo medre san e forte. Por iso este ano na metade da mañá non tomamos calquera cousa para tapar ese furadiño que se nos fai no estómago senón que tomamos alimentos saudables.O luns é o día dos lácteos e levamos iogur, queixo,..o martes é o día dos cereais e levamos galletas, biscoitos,...o mércores é o día do bocata de embutido e no medio do pan poñemos chourizo, xamón, mortadela,...( non vale a "nocilla"), o xoves é o día da froita e levamos plátano, mazá, kiwi,...todo peladiño e dentro dun "tupper", e o venres é o día dos froitos secos e o chocolate.

Cando estamos comendo a profe aproveita para traballar o nome dos alimentos con nós, as normas de educación ó comer (non se fala coa boca chea, sentamonos dereitiños para que non caia nada ó chan,...), a reciclaxe de residuos (as mondas da froita na papeleira con bolsa negra, os botes do iogur van na papeleira con bolsa amarela,....) e foi entón cando decidimos facer unha gran bola co papel de aluminio co que nos envolven os bocatas. Fixemoslle unha foto a bola inicial e imoslle facer fotos cada mes ;a ver ó fin de curso que tamaño acada.


Artai fixo a primeira bola co papel de envolver o seu bocata de chourizo con pan de viena.

parabens para ti...

Ola! Son Breixo Alvarez e hoxe 16 de outubro de 2007 cumpro 3 anos. A miña nai trouxo un biscoito para compartir cos meus compañeir@s . Despois de soprar as tres velas os meus compis cantaronme a canción "Parabens para ti". Aquí estou co meu super amigo Carlos e tamén con Artai e Celso.
Vedes que coroa tan chula teño? Fíxoma a profe Teresa e os meus compañeir@s adornarona con gomets de cores.
Como xa teño tres anos teño que poñer a vela no mural de 3.Agora só queda Yensy por celebrar o seu terceiro aniversario pero aínda ten que esperar ata o mes de decembro pois ela cumpre anos o día de Papá Noel

quarta-feira, 12 de dezembro de 2007

os golfiños siguen medrando!





Eu son Alex Rey e como vedes xa teño 3 anos.Hoxe é 6 de outubro de 2007 e estouno celebrando cos meus compañeiros

hoxe é o aniversario de...

Son Alejandra Folgar Saíñas e hoxe 24 de setembro celebramos na clase que xa teño 3 anos. A verdade é que xa os cumplín hai uns días, cando estabamos no período de adaptación, pero a profe Teresa dixo que era mellor esperar ata que viñeran todos os compañeiros a tempo completo. Aquí estou cos meus amigos Carlota, Aldara e Carlos soprando as velas.



Cando algún neno cumpre anos ten que cambiar a vela para o mural que lle corresponda. Eu antes tiña a miña vela no mural de 2 anos e agora estouna poñendo no de 3.

sexta-feira, 7 de dezembro de 2007

PRIMEIROS CHAPOTEOS.

Costounos chegar pero xa estamos aquí, somos os pequenos golfiños que pasan as mañás no mar de plastilina e tizas de cores da aula de 3 anos A do Ceip de Aguiño.
Cando chegamos ó cole por primeira vez no mes de setembro pensabamos que aquel mar no que estabamos entrando ía afogarnos: iamos dun lado a outro sen rumbo, non eramos quen de evitar que as bágoas sairan dos nosos ollos cando mamá marchaba. Agora que xa estamos a piques de rematar o primeiro trimestre e revisamos todo o que pasou ó longo deste tempo vemos que xa non somos aqueles pequenos golfiños tímidos e inseguros que non eran quen de nadar lonxe da mamá, agora xa nadamos sós, xogamos, aprendemos, sentimos e vivimos novas aventuras que nos fan medrar cada día un pouquiño máis.