Ata a hora do recreo fomos pasando polos diferentes obradoiros:
Maquillaxe de outono




Ceo de outono: arte con esponxas.
Hora do conto: "A castañeira"

Fixemos actividades de outono no encerado dixital

Se queredes seguir disfrutando destas actividades na casa

só tendes que facer "clic" enriba deste enlace
Circuito de outono no ximnasio
Despois do recreo, fomos ata onde estaba a castañeira a polas castañas




e fixemos unha foto coas nais do Anpa, que colaboraron no magosto repartindo refrescos para todos e todas

Como empezou a chover, tivemos que ir comer as castañas á nosa aula


Xusto cando estabamos acabando, escoitamos o son dun acordeón e saímos a ver de onde proviña. Quen pensades que era o que tocaba? Pois o profe Telmo, e ao son do acordeón todos e todas empezamos a bailar:


Sen darnos de conta, chegou a hora de marchar para as nosas casas e xa só nos queda esperar polo Magosto do próximo ano.
2 comentários:
Moi ben, moi ben,que ben o pasades.
que ben toca este telmo a ver si anda por aqui algun da comision de festas e o contratan para as festas do carme 2010.un bicodun percebe de sagres
Postar um comentário