Para tal ocasión estrenamos as viseiras novas que levan impresa unha frase moi típica en Aguiño: "e lo!"
Baixamos do autobús e nos botamos a andar por un camiño de terra
ao pouco apareceu a lagoa ante os nosos ollos
De camiño fomos mirando piñeiros, toxos, e ata cogomelos...
Xunto á lagoa hai unha casetiña de madeira no que a xente se mete para observar os paxaros, os parrulos,...
Pero antes de subir por aquela escaleira hai que coller forzas:
Agora sí que podemos observar os animais que viven na lagoa coa axuda duns prismáticos
Gustounos moito esta saída pero seguro que non tanto como cando vaiamos á nosa lagoa de Vixán.
3 comentários:
Que viseiras máis chulas estrenástedes. Estas profes estan en todo.E LO.
Unha excursión moi bonita a da lagoa de Xuño. Bo foi, que non vos choveu.Viaxeiros/as
¿SABEDES QUE NA LAGOA DE XUÑO HABITARON, AI MOITOS ANOS, AINDA NÓS NON NACERAMOS, UNHA PARELLA DE CISNES CON 4 OU 5 CRIAS? FOI ALÁ POLOS ANOS 90 PERO TIVERON QUE ESCAPAR PORQUE ALGÚN VÁNDALO LLE DISPAROU CUNHA ESCOPETA DE CAZA E CREO QUE CHEGARAN A MATAR ALGÚN. E DENDE AQUELA NON SE SOUBO MAIS DELES.
CONTARONME MEUS PAIS QUE CANDO TIÑA EU MENOS DE 2 ANOS FÓRAMOS ÁS LAGOAS DE XUÑO E SAN PEDRO A VER OS LAVANCOS (PATOS SALVAXES). FOI ALÁ POLA PRIMAVEIRA CANDO CRIAN OS PATOS. DIN QUE VIMOS VARIAS PATAS COAS SÚAS CRÍAS, 4 OU 5, NADANDO POLA LAGOA E ALGUNS ESTABAN ESCONDIDOS ENTRE OS XUNCOS. SIRENA DO NORDÉS
Postar um comentário