segunda-feira, 3 de março de 2008

Auga e máis auga

Estes días no cole estamos traballando o tema da auga pois, como bos golfiños, nos interesa moito saber cousas do medio no que vivimos. A profe fíxonos preguntas para ver o que sabíamos e certamente sabemos que a hai na praia, nas botellas, na rúa cando chove, que os golfiños viven nela e que tamén a hai onde están os percebes que colle o pai de Artai. Pero tamén hai moitas cousas que non conocemos pero que estamos dispostos a investigar. Empezamos tratando de responder á pregunta ¿de que cor é a auga? Case todos dixemos azul, gris ou branca pero con papel celofán de cores descubrimos que a auga é da mesma cor que o papel celofán que non ten cor, o transparente.



Despois tratamos de responder á pregunta ¿a que sabe a auga? Probamos refrescos de cola, de laranxa, de limón, de fresa,...pero nada sabía como a auga. Descubrimos qye a auga non sabe a nada. A nosa profe preguntounos tamén ¿ a que ule a auga? Ulimos café, cacao, manzanilla,...pero non había nada que ulira como a auga porque a auga non ule a nada



Outro día a profe preguntounos se podíamos coller a auga e claro dixemoslle que sí. Entón propuxo que colleramos a auga dun recipiente e que a botasemos noutro pero sin levantar ningún deses recipientes da mesa. Probamos coas mans e escapábanos, despois probamos con vasos pero quedaba algunha no fondo e non eramos capaces de collela. A profe propuxo probar con panos de cociña, empapando e escorrendo e así collemos ata a última gota.



Quedabanos só un dos cinco sentidos cos que investigar a auga: o oído. ¿A que sona a auga? pois a mar dixeron algúns. Escoitamos diversos sons producidos pola auga: chuvia, río, ondas do mar, ducha, grifo,... é que a auga sona cando está en movemento. Quixemos facer música coa auga e mirade o que se nos ocorreu



As melodías que saíron ó bater os botes de cristal (con auga a diferentes niveis) coa cuchara non gañarían en Eurovisión pero pasamos un bo rato que era do que se trataba.

Dice a nosa profe que agora que xa sabemos moitas cousas da auga a través dos sentidos , imos facer de "científicos" para ver en qué estados (sólido, líquido, gaseoso) podemos atopar a auga, como podemos darlle colores, como limpala,... pero que eso xa volo contaremos outro día

quinta-feira, 21 de fevereiro de 2008

Coñecemos a un novo amigo, Moray

O outro martes a profe Teresa dixo que non habíamos de subir á biblio porque o equipo de biblioteca do cole estaba preparando para nós unha sorpresa pero que aínda non estaba rematada. A nosa profe non nos quixo decir nada, tan só que era algo que tiña que ver cos seres máxicos que viven nos bosques.
Por fin este martes descubrimos de que se trataba. Na porta da biblioteca había un extraño ser que parecía unha estatua porque non se movía para nada. A profe Marian contounos que se trataba de Moray, un ser que vivía nun bosque moi lonxe de aquí e que un día lle meteu un bó susto cando ela andaba de compras por Ribeira. Resulta que Moray andaba a buscar polo cole de Aguiño porque lle dixeran que alí vivía a rata Honorata e xusto foi dar con Marian, que era profe nese cole. Moray contoulle a Marian historia da súa vida e de como tivera que loitar contra o dragón amarelo para salvar a unha fada . Foi entón cando Marian lle propuxo quedar con nós na biblioteca e para que non extrañara tanto o seu bosque, entre todos os nen@s do cole inventamos un bosque para el, coas súas árbores cheíñas de follas. ¡Mirade que chulo quedou!












os golfiños coas novas tecnoloxías

Como xa sabedes os golfiños non queremos perdernos neste mar de TICs (tecnoloxías de información e comunicación) no que nadamos na actualidade. Por iso, usamos o ordenador da clase para obter información en internet sobre algún tema, para aprender xogando cos recursos en CD, para ver o noso blog,... Pero o outro día a profe Teresa dixo que habíamos de quedar pasmados cando viramos a "pizarra máxica". En realidade trátabase da PDI (pizarra dixital interactiva) na que podemos utilizar os xogos en CD e entrar en internet sen ter que usar o rato, escribir en cores con rotuladores que non pintan, borrar coa man sen lixarnos,....Todo o facían os nosos dedos, era como se nas mans tiveramos maxía e por iso lle chamamos a "pizarra máxica". Mirade que ben o facemos










quinta-feira, 14 de fevereiro de 2008

Feliz aniversario Aldara

Hola, son Aldara e como podedes ver hoxe é o meu aniversario. Xa teño 4 anos e por iso son a máis grande dos golfiñ@s de Aguiño. Entre todos os nenos e nenas me fixeron unha coroa moi chula para levar para a casa e a profe Teresa doume unha tarxeta de recordo cunha foto miña soprando as velas. Despois empezamos a comer no biscoito que fixo a tía Lola e estaba tan bo que non quedou nadiña.
Dice a profe Teresa que, como hoxe é o día de San Valentín vaime poñer as fotos con moitos corazóns e rosas. ¿vémolo?

terça-feira, 12 de fevereiro de 2008

os golfiños toman almorzos saudables

Como xa sabedes, os golfiños a media mañá tomamos unha pequena cantidade de comida para recobrar forzas e chegar ó xantar sen ter un "furadiño" no estómago. Cada día da semana tomamos un alimento distinto para ter unha dieta sana e variada na que , por suposto, evitamos a bollería industrial, as bebidas con gas, as "chuches",... Ademáis de comer san, aproveitamos este momento para ampliar o noso vocabulario con nomes de froitas, embutidos, lácteos, froitos secos,... Este é o noso calendario de almorzos saudables , que tamén toman o resto dos nen@s de E. Infantil. ¿queredes ver como os xoves comemos froita? Pois dádelle o "play"

sexta-feira, 8 de fevereiro de 2008

obradoiro de meigallos

O outro día no cole ocorreu algo máxico , se ben é certo que o espíritu dos meigallos levaba uns días con nós.
O feito é que os equipos de biblioteca e normalización lingüística do cole convidaron a alumnos e mestres a realizar un obradoiro de meigallos no que debían buscar os ingredientes e facer conxuros para solucionar algún problema, para convertir unhas cousas en outras,...
Así, nós na aula fixemos conxuros para que as arañas non picaran e só fixeran cóxegas, para que os dinosaurios non coman a ninguén, para que os nenos non se porten mal,... e debuxamos dentro dunha pota os ingredientes: letras, paus, pedras, chuches,...
Despois as profes de Infantil vestíronse de meigas, colleron unha pota grandísima de cando había comedor no cole e fixeron unha "fogueira" no patio. Cada un de nós tivemos que botar un "ingrediente" na pota e recitar o noso conxuro e claro, non desaproveitamos a ocasión para pedir que a profe Teresa se convertira en araña, que a profe Uxía se transformara en can,...
Cando nós acabamos, empezou o turno das profes. Cada vez que elas decían un meigallo nós tiñamos que repetir o conxuro:

¡¡¡¡¡MEU DITO , MEU FEITO!!!!

Estes foron algúns dos seus meigallos:

que os nen@s non xoguen sós
que compartamos todas as cousas con todos
que chovan caramelos
que non berremos na aula
que respectemos o material da aula
que non pelexemos
......................

Ó acabar, remexeron ben o que había na pota e houbo unha explosión de confetti e compartimos galletas e caramelos.

Aí van as fotos deste día "máxico" coa profe Uxía de "mestra de cerimonias"











Agora só hai que esperar e ver se os nosos meigallos se realizan.

P.D. Dice a profe Teresa que si o que pedimos para ela non se cumple, que non lle parece mal, que ela xa entende que ás veces non se pode ter todo o que se desexa.

quinta-feira, 7 de fevereiro de 2008

Pasarrúas de Entroido

Como tódolos anos, chegado o tempo do Entroido, no colexio de Aguiño facemos un pasarrúas polo pobo para lucir os nosos disfraces. Este ano o tema elexido era "seres máxicos" e por iso Aguiño encheuse de gnomos, trasnos, fadas, bruxas, demos, ents,...Cada ciclo preparara con moito cariño o seu traxe e aínda que o ceo non ofrecía moita confianza, ó final puidemos saír.


Como nós somos os máis novos do cole, tivemos a honra de ser os que encabezabamos o desfile , que amenizou coma sempre coa súa música "A compañía do Ruido". O acabar o percorrido e para recobrar forzas, demos boa conta das orellas, filloas, rosquillas,... que trouxeramos das nosas casas e das bebidas coas que nos convidou o ANPA.






¡¡¡PASÁMOLO DE MEDO!!!!!!




Aí van as únicas fotos que temos. A verdade é que non puidemos facer máis pois falta nos fixo o tempo para vestirnos pois como non contabamos de sair pola amenaza de chuvia empezamos coas nosas rutinas de pasar lista, mirar o calendario,.. e cando dixeron de saír non dábamos feito.




terça-feira, 29 de janeiro de 2008

Chega o Entroido

Xa faltan poucos días para que chegue o Entroido e no cole estamos a darlle os últimos retoques ós nosos disfraces, que tan ben axudaron a facer as nosas mamás. Este ano o tema escollido no cole é "seres fantásticos" e cada ciclo ou nivel teñen o seu traxe case a punto. Os nen@s de E. Infantil imos ir de gnomos co noso gorriño puntiagudo, o noso vestidiño con cinto e as nosas botiñas. ¡Que ganas temos de que chegue ese día e ir por todo Aguiño no pasarrúas saudando ós nosos veciños e amigos! E despois a comer doces típicos: orellas, filloas, rosquillas,... Pero ata que chegue o día na aula estamos a facer carautas e antifaces.




¡ Mira a ver se eres quen de coñecernos!





segunda-feira, 28 de janeiro de 2008

plantamos bulbos no xardin do cole

Hoxe os nenos de 6º de primaria invitaronnos a plantar con eles bulbos no xardín que está na entrada do colexio. Esta actividade forma parte do programa do equipo de medio ambiente do noso centro. A nós, que somos os máis pequenos do cole, encantounos o feito de realizar unha experiencia conxunta cos máis grandes. ¡ Ata as profes se animaros a sachar na terra! O certo é que non tiñan moito estilo co sacho pero elas din que "a intención é o que conta"


É de ben nacidos....ser agradecidos.

Dende aquí queremos agradecer a todas as nosas "mamis" a súa resposta á nosa chamada para colaborar no obradoiro de disfraces para o Entroido. A verdade é que esperabamos que viñerades moitas de vós, pero nunca imaxinamos que tantas. Moitísimas gracias de parte dos vosos fill@s e de todas as profes de E. Infantil

domingo, 27 de janeiro de 2008

obradoiro de xoguetes feitos con materiais de reciclaxe

No cole levamos uns días a falar dos xogos e xoguetes que xa tiñamos nas casas e dos que viñeron nestas datas de Nadal . Falamos de cales son os que nos gustan máis, de que hai que tratalos con coidado para que non rompan, de que non hai xoguetes de nenos e xoguetes de nenas pois todo@s xogamos con todos,... foi entón cando a profe Teresa non propuxo facer un xogo para a clase con materiais de reciclaxe. Así empezamos a gardar as botellas de auga que temos na clase para beber e cando tivemos 12 lles metimos un pouco de area do patio e logo as pintamos con témpera. Queredes ver como o fixemos?














só nos faltaba unha bola coa que poder tirar os birlos que acababamos de facer e que mellor que a bola de papel de aluminio que estamos facendo co papel de envolver os bocatas dos mércores.



¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡a xogaaaaar!!!!





sexta-feira, 11 de janeiro de 2008

para quen son estes agasallos?

Acabamos de chegar das vacacións de Nadal, temos as casas cheíñas de regalos e estamos desexando chegar ó cole e contarlle ós nosos compañeir@s que todo o que pedimos chegou onda nós porque como fomos tan boíñ@s......
Entramos na aula e....que fan eses paquetes aí? para quen son eses agasallos? serán para nós? A profe Teresa dinos que ela tamén escribiu a carta e pedíu algo para todos no cole. Vémolo?



Construindo pontes

A profe Teresa díxonos que antes de vir para o colexio de Aguiño ela era profe dos nenos e nenas de 3 anos dun cole de Cambre, que é un concello que esta ó lado de A Coruña. Empezamos a falar de como sería ese cole, se terían coma nós unha casiña, se terían libros de contos,... e a profe enseñounos fotos de cando ela estaba alí, dos nenos e nenas que había entón , dos traballos que fixeron,... Foi entón cando a profe suxeríu a idea de escribirlles unha carta contándolles quen eramos nós, que cousas facíamos no cole, .... Entre todos decidimos qué poñer na carta e a profe escribiuna no ordenador, logo fomos a imprimila na sa de profesorado e a metimos nun sobre xunto cun pequeno agasallo, o noso calendario coa nosa dorna de portada. Chamamos por Andrés o conserxe para que a fora botar ó correo e só nos queda agardar a que chegue ó seu destino e nos manden eles outra carta.

terça-feira, 8 de janeiro de 2008

festival de Nadal

Como vos prometimos, aquí tendes as imaxes da nosa gran actuación no festival de Nadal. Non diredes que para ser a primeira vez que actuamos en público non o fixemos nada mal. Non si?